Archive for the ‘Proxecto Asignatura MV’ Category
Engadindo cousas o Salón da ESEI
Estos días estivemos decorando as nosas instalacións con algún mobiliario, plantas e adornos para facer un sitio máis agradable de cara os nosos visitantes.
De momento temos habilitadas tres zonas no piso máis baixo:
A primeira é o que se ve nada máis entrar, é unha zona adicada as instalacións que ten a universidade de Vigo no campus de Ourense, podedes ver unha pequena galería na que encontraredes fotos da Escola de Inxeñería informática, do Edificio de Ferro e do Edificio de Empresariais e Dereito. Tamén vos podedes encontrar con diferentes fotos das instalacións deportivas cas que conta o campus de Ourense como son a cancha de Tenis, o pabillón deportivo ou unha foto da maqueta da piscina que nestes momentos se encontra en construcción.Por outra banda están outros servizos que ofrece o campus coma a biblioteca pública, o LERD ou o salon de exposicións.

Nesta planta baixa tamen vos poderedes encontrar unha zona de descanso, na que vos poderedes sentar e falar cos vosos compañeiros.
Existe unha terceira sala que está habilitada para subir un pequeno video, no que si que poderedes coñecer
mellor como é a nosa escola por dentro, as nosas aulas, os laboratorios, os nosos profesores e os nosos alumnos.
Invítovos a que vos dedes unha volta polas nosas instalacións.
Avances do noso proxecto
Estas semanas como xa dixemos comenzamos a botarlle un ollo a os scripts de LSL. Fixemos algunhas pequenas probas, e añadimoslle comportamento a varias cousas: Na entrada do salón promotor da ESEi fixemos un Robot, que saúda a calquer avatar que entre nas nosas instalacións dándolle a benvida, utilizamos algunhas das funcións mencionadas en clase como llSay() para emitir a mensaxe e llSensorRepeat() que é unha función que realiza un rastreo para comprobar si existe un avatar cercano en base a uns parámetros de distancia (en metros) e arco (en radiáns) .

Despois fixemos un cartel no que o facer click obteremos unha notecard na que se resumen os puntos máis importantes que se tratarán no salón. Ademáis disto o cartel cambia de cor cada pouco. O código que empregamos para dar a notecard e o seguinte:
default
{
touch_start(integer count)
{
integer i;
for ( i = 0 ; i < count ; ++i )
{
llGiveInventory(llDetectedKey(i), llGetInventoryName(INVENTORY_NOTECARD, 0));
}
}
}
E para que o obxeto cambie de cor cada rato é o seguinte:
integer counter=0;
default
{
state_entry()
{
llSetText(“Haz click aquí para obtener Notecard,\n del SALÓN PROMOTOR DE LA ESEI”, <1,1,1>, 1.5);
llSetTimerEvent(1);
}
timer()
{
counter=counter+1;
float redness=llFrand(1.0);
float greenness=llFrand(1.0);
float blueness=llFrand(1.0);
vector prim_colour= < redness, greenness, blueness >;
if (counter==6)
{
llSetColor(prim_colour, ALL_SIDES);
llResetScript();
}

Xa dentro das instalacións encontramos un obxeto que está rotando continuamente sobre o exe Y, e tamén cambia de color. Este obxeto vai ter o comportamento de darvos un Landmark do noso salón se facedes click sobre el.
Daikne
Presentacións en Second Life
Como dicíamos hai uns días, o noso proxecto para MV é un pavillón da ESEI, co cal promocionar a Escola. Pois ben, dentro de dito pavillón, temos pensado insertar algunhas presentacións así como videos sobre a ESEI, co motivo de facer un ameno recorrido pola outra cara da Escola de Enxeñería Informática de Ourense.
Topámonos co problema de colgar as presentacións dentro do mundo de Second Life, e velaquí unha breve reseña de como facelo:
- Unha vez feita a presentación en .PPT exportar as slides como .jpg .gif ou .png
- Importar as imaxes ó noso inventario de SL. Cada imaxe custará subila L$10. E quedarán almacenadas con nomes correlativos (slide1.jpg, slide2.jpg…) no noso inventario na orde en que queremos mostralas, recoméndase ordealas ben en carpetas dentro do inventario por si queremos mostrar máis presentacións usando mesma técnica. Os paneis para mostralas deberán ter a relación de aspecto 4:3.
- No panel que queremos mostrar a presentación prememos no botón “New Script” e insertamos o seguinte código:
- Salvar o script e listo!. Para ver a presentación pulsar sobre o panel e para volver a vela, ó final da presentación volver a facer clic sobre o panel; así de sinxelo.
'----- START CODE BLOCK -----
integer invCount;
integer invLoopCount;
default
{
state_entry()
{
invCount = llGetInventoryNumber(INVENTORY_TEXTURE);
}
touch_start(integer total_number)
{
llSetTexture(llGetInventoryName(INVENTORY_TEXTURE, invLoopCount), ALL_SIDES);
invLoopCount++;
if (invLoopCount == invCount)
{
invLoopCount = 0;
}
}
}
‘—– END CODE BLOCK —–
Dicir que hai unha chica que programou un whiteboard para facer presentacións, brainstormings, etc (podes interactuar mínimamente co panel; escribir, apuntar cun punteiro, etc), chámase Inworld Interactive Whiteboard e estamos estudiando a súa inclusión no proxecto. Esta é a SLURL do lugar onde se atopa o whiteboard (os traballos reunidos de AngryBeth Shortbread, entre os cales se atopa este whiteboard)
Comezando a programar en SL
Bueno despois dunhas semaniñas plantexando o deseño do noso edificio no SL, comezamos a mirar algo de como facer os nosos propios Scripts para darlle os paneis informativos do edificio a iteractividade desexada. Inda que as posibilidades de programación no SL son bastante grandes e nos custe comezar nun primeiro momento, e raro que moitos dos problemas que poidamos atopar, non fosen solucionados xa por alguén na rede. Por esta razón a nosa principal ferramenta para comezar a programar serán os múltiples tutoriais e vídeos que podemos atopar na rede. Durante estas semanas iremos pondo referencias a estes a medida que nos vaian facendo falla. Por exemplo para todos aqueles que queirades mostrar vídeo nun obxecto móstrovos aquí un bo punto de partida dos pasos que debedes de levar a cabo.
Jrbello Kutanaga
Primeiros pasos no noso proxecto
Estas dúas últimas semanas estivemos comprobando as posibilidades de construcción que ofrece Second Life, poidemos comprobar que non é doado facer algo que valga a pena. As veces é necesario invertir moitas horas para crear un obxeto tal é como nós o imaxinamos. Outro dilema é a colocación axeitada das texturas, posto que cada textura ten unhas dimensións distintas e normalmente están diseñadas para revestir formas planas.
Para crear sculped prims poderemos usar blender e despois importalas a second life, pero encontrarédesvos co inconvinte de non conseguir texturas que se deformen totalmente e se amolden as nosas sculped prims. Navegando pola rede encontrei un tutorial no cal se explica cómo se crea unha sculped prim a partir da plantilla de Amanda Levitsky e como se obtén unha textura que se axuste totalmente. Aquí vos deixo un video introductorio a creación de sculped prims.
Por outra banda este post é para explicarvos como van os comenzos do noso proyecto. O profesor asignounos unha parcela da illa que ten a ESEI no second life, e dispuxemonos a ir construindo un edificio que en principio será o que albergará as diferentes instancias que xa explicamos en post anteriores. Agora na máis temos feito un pequeno esqueleto que vos amosamos nestas imaxes.
Salón promotor da ESEI Ourense
A nosa proposta de proxecto para a asignatura de Mundos Virtuais é un salón promotor da ESEI Ourense dentro da illa que ten a Escola no Second Life.
O obxetivo principal do salón é dar unha visión de Ourense e da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense dende o punto de vista dun futuro (ou posible) estudiante da ESEI, xa que a franxa de idade presente neste mundo virtual achégase á idade universitaria.
Os dípticos típicos presentes no mundo real achegan unha visión típica da Universidade ós futuros estudantes, dende aquí poderíamos achegar a visión directa dos estudiantes (ocio en Ourense, ambiente nocturno, transportes, lecer, posgraos universitarios, cursos, saídas profesionais da Enxeñería, etc.) por medio de paneis interactivos nos que amosaremos toda a información que cremos importante de cara a unha futura vida universitaria en Ourense.
Aquí tendes un pequeno bosquexo do que temos pensado modelar.

Deixa un comentario



Deixa un comentario
Deixa un comentario

