Archive for the ‘Saúde nos MV’ Category
Consultas médicas no Second Life
Vía Código Cero entérome dunha nova interesante que une o mundo de Second Life coa vida real, ademáis nun ámbito importante desta vida, o campo da saúde.
A Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC) e a Coalición de Cidadáns con Enfermidades Crónicas colaboran na creación de La Isla de la Salud, un espazo virtual dentro de Second Life que serve para a publicación de paneis informativos sobre hábitos saudables e para realizar consultas gratuítas orientadas ao público mozo, que será atendido por dous doutores do Grupo de Atención ao Adolescente de semFYC durante 2 días á semana. En breve incorporarán unha consulta para patoloxías crónicas.
Máis sobre o mesmo tema:
Teletransportarse a la consulta (El Mundo Salud).
Dos médicos pasan consulta virtual para jóvenes en Second Life (La Voz de Galicia)
Dos doctoras pasan consulta virtual en Second Life (El País)
Deixa un comentario