Archive for the ‘Empresas nos MV’ Category

Tendencias no Second Life

Diariamente adícolle un pequeno anaco de tempo a vida no Second Life. Xa pasados as primeiras semanas xogando con freebies e descubrindo a sexualidade no Second Life (segundo estatísticas, coñecer xente que coñeces na vida real, o sexo e o xogo son das primeiras cousas que se fan ó chegar a este novo mundo virtual); agora…¿que fago?.

Xa nos ten enganchados, xa estamos ahí cada noite adicándolle un par de horiñas a relacionarnos e descubrir novas cousas neste mundo sen fin. Agora que Second Life nos atrapou, necesitamos máis, máis info, sentirnos máis integrados, máis…como na vida real. É por iso que xurden iniciativas como a de SecondStyle. Trátase dunha revista de moda, estilo de vida e tendencias dentro do Second Life (ao máis puro estilo Squire ou Cosmopolitan). Esta revista editada só en versión on-line (PDF) xa vai pola súa 18º tirada, o que confirma o establecemento dun tecido en torno a este mundo virtual que indica que non é unha cousa pasaxeira, que vai en serio (os números de estadísticas proporcionados por Linden Labs ás veces non nos din moito…).

Na miña humilde opinión, a todo isto só lle fai falla un pequeno pulo (¿¿¿quizais no que respecta a Interfaces de Usuario???) para que emerxa toda unha vida en torno a este mundo virtual ó que, de momento, non lle fai xustiza o seu nome.
.

As empresas no SL

Xa estou de volta cun novo post despois dunhas semanas de vacacións. Esta claro que se me foi acumulando o traballo polo que intentarei expoñervos un pouco por riba a miña experiencia no SL nestas semanas.

A semana anterior empregámola en visitar empresas no SL. A experiencia foi moi positiva, xa que puidemos ver como se desenvolven as grandes empresas no SL. Inicialmente visitei Mercedes Benz, onde a parte de informarme sobre os modelos de coches e prezos, puiden poñer a proba as miñas dotes automobilísticas no SL cun dos coches de proba dos que dispuñan.

Logo paseime por Dell onde despois de darme unha volta pola súa illa, ver as súas promocións rematei a visita na tenda de agasallos da que dispón, onde atopei varias cousas para levar de valde.

De Sony BMG Music Entertainment cabe destacar o doado que é desprazarse alí xa que dispón de paneis que che levan os principias puntos de interés da illa. Alí puiden obter información acerca dalgúns cantantes nos múltiples paneis informativos dos que dispuña, ademais de escoitar a súa música.

Respecto a IBM destaca a morea de sitios que ten, nos cales podemos atopar distinta información acerca das distintas areas de negocio nas que traballa.

E xa por ultimo rematei visitando Bershka onde puiden ver moreas e moreas de roupa e accesorios para personalizar os avatares (Magoa que non foran de valde).

Como podedes ver esta surxindo unha nova forma para que as empresas poidan promocionar os seus productos e de dar mais prestixio a imaxe da marca. Animovos a que visitedes estas novas empresas en SL e para ir abrindo boca deixovos un par de videos : )

Jrbello Kutanaga

Visita a Novatierra

Novatierra é un avanzado centro virtual de negocios situado nunha illa virtual no Second Life. Este centro ofrece servicios as empresas españolas que queiran posicionarse neste mundo virtual.
Esta illa podedes encontrar un auditorio, un centro de convencións común para a celebración de conferencias, presentacións de productos, rodas de prensa, etc.
Visitei algunas empresas que teñen a sua sede en Novatierra coma udima a universidade a distancia de madrid que explorou as posibilidades de second life para ofrecer
formación online, a sexta foi a primeria cadena española que emitiu en second life, ou cocktatil, que é unha consultora de desarrollo de productos sobre soportes dixitais (web, movil,tv, pda…).

As empresas en Second Life sérvenlle as empresas reais para experimentar con novas posibilidades de comunicación e interacións que ofrecen os mundos virtuais coma second life en areas coma formación, simulación, ou publicidade. Ademáis de aportar vantaxas competitivas, digamos que é unha publicidade gratuita para as empresas.

Daikne Avro

O mundo Mercedes Benz

¿Nunca conduciches un Mercedes? ¿queres facelo? Pois deberias darte unha volta pola illa virtual de Mercedes. A marca creou un concesionario especial e unha pista estándar de probas (test track) que outras empresas de automóviles como Mazda xa promoveran.

Incluso se crearon spots especiais para que se acerquen os “habitantes” deste mundo paralelo:

O concesionario virtual de Mercedes Benz merece a pena. Se desexas conducir un automóvil que só poden ter algúns afortunados esta é unha oportunidade única.

Vega Honi

A illa de Bershka no Second Life

Hoxe visitei a illa de Bershka, como xa saberedes bershka é unha firma perteneciente o grupo inditex que conta con máis de 400 tendas en 28 países.

A illa está moi ben distribuida, existen tres zoas diferenciadas:
Unha sala para eventos e concertos, unha tenda con roupa dixitalizada e un espazo chill-out para encontros.
Nótase que está todo orientado para o público xoven.

O que máis me gustou foi a tenda, nela podedes encontrar unha mostra representativa da coleccion de esta primaveira,
está dividida en varias seccións para home, muller, bsk e jeans.
Na miña opinión esta marca habilitou un espazo agradabe para o seu público, donde se pode conversar e divertirse a vez. Invítovos a que a visitedes.

Daikne Avro