Archive for the ‘Educación nos MV’ Category

¿Boom da teledocencia vía Second Life?

¿É isto un boom da teledocencia vía Second Life nas universidades?. De selo así, a ESEI é punteira en docencia vía Second Life, xa que a asignatura de Libre Elección na que está inscrita este blog está usando tecnoloxías da web 2.0 unidas ós mundos virtuais (neste caso SL).

Estamos de noraboa!

O ensino en Second Life

Esta claro que as posibilidades do SL no ensino son moi sobresaintes. Esta semana puidemos comprobalo na visita que fixemos a Inaguración da Universidade Miguel Hernández en SL, ali puidemos ver as ofertas desta universidade respecto a estudios e becas, o cal me pareceu unha moi boa alternativa os sistemas de búsqueda de información que adoitamos a empregar (Google, msn..). Tamén estiven a visitar outros sitios relacionados coa educación, pero xa pola miña conta. Entre eles cabe destacar A Sexual Health SIM in Second Life (University of Plymouth) onde podemos aprender maís sobre as enfermidades de transmisión sexual, conseguir condóns para o noso avatar, ver a galería de arte de la Manchester Library ou incluso aprender sobre la literatura británica… Como algo a apuntar e o monumento en recordo as víctimas da violencia de xénero e familiar, que desgraciadamente é tan común nas noticias actuais. Isto fainos ver outra forma de recordar as víctimas e axudar a xente que se atopa nesta situación.

Jrbello Kutanaga

Intercambio virtual

Hoxe saímos de excursión polo SL. Concretamente todo o grupo de laboratorio visitou as novas instalacións da Universidad Miguel Hernández de Elche. Se queredes pasádevos por alí premendo no SLURL da Universidade Miguel Hernández (tedes que estar previamente conectados ó Second Life).

Antes de nada quería felicitar dende aquí ó deseñador e modelador de texturas que fixo posible que esta Universidade tivese un campus virtual plenamente operativo e, dende o meu punto de vista moi ben enfocado. Pronto, a Universidade de Vigo, concretamente a ESEI gozará dun espazo das mesmas características que o da Miguel Hernández polo de agora está un pouco “en beta” e sen darlle moito uso á illa ESEI-UVIGO; dádelle tempo á becaria ;-)

O importante para mín deste campus virtual e que consegue o que non se logra en moitas universidades na vida real, e é aunar nun mesmo sitio (inda que sexa virtual) á Universidade como ente público e á empresa privada, compartindo espazos comúns. Isto pode parecer trivial, pero é moi importante, xa que permite un intercambio directo de ideas e un fluxo permanente entre a vida universitaria e a empresarial, facilitando así, por exemplo o despegue de novas ideas de negocio/empresa en torno a este mundo virtual (ou ó mundo real). No caso da Miguel Hernández, pódese ver claramente como no seu campus virtual conviven espacios de exposicións da propia universidade con pequenas empresas que xurdiron en torno a ela (de antigos alumnos, supoño) dando un pulo a estas coa súa presenza neste mundo virtual para publicitarse, manter relacións, crear novas ideas de negocio, expandirse, etc…

Eu mesmo fun testigo de como se poden establecer lazos nesta segunda vida. Todo xurdiu nunha conversa entre unha chica arxentina e o meu profesor de Mundos Virtuais estando eu presente; a rapaza acudiu a nos para informarse do que alí había e rematou interesándose pola docencia que imparte Noah sobre Mundos Virtuais e ofrecéndolle amizade para seguir en contacto e posibilitar, se eles o ben oportuno, unha relación docente entre dúas persoas que, doutro xeito, nunca poderían terse coñecido. Esta só é unha pequena mostra de que malia a distancia, este mundo virtual permite manter e crear relacións virtuais (de case calquera tipo) con case normal naturalidade potenciando así a productividade das relacións humanas.

¿Pode estar xurdindo unha nova forma de relación humana?

 Spav Arkin