Engadindo cousas o Salón da ESEI
Estos días estivemos decorando as nosas instalacións con algún mobiliario, plantas e adornos para facer un sitio máis agradable de cara os nosos visitantes.
De momento temos habilitadas tres zonas no piso máis baixo:
A primeira é o que se ve nada máis entrar, é unha zona adicada as instalacións que ten a universidade de Vigo no campus de Ourense, podedes ver unha pequena galería na que encontraredes fotos da Escola de Inxeñería informática, do Edificio de Ferro e do Edificio de Empresariais e Dereito. Tamén vos podedes encontrar con diferentes fotos das instalacións deportivas cas que conta o campus de Ourense como son a cancha de Tenis, o pabillón deportivo ou unha foto da maqueta da piscina que nestes momentos se encontra en construcción.Por outra banda están outros servizos que ofrece o campus coma a biblioteca pública, o LERD ou o salon de exposicións.

Nesta planta baixa tamen vos poderedes encontrar unha zona de descanso, na que vos poderedes sentar e falar cos vosos compañeiros.
Existe unha terceira sala que está habilitada para subir un pequeno video, no que si que poderedes coñecer
mellor como é a nosa escola por dentro, as nosas aulas, os laboratorios, os nosos profesores e os nosos alumnos.
Invítovos a que vos dedes unha volta polas nosas instalacións.
Aínda non hai comentarios
Deixa un comentario



