Presentacións en Second Life

Como dicíamos hai uns días, o noso proxecto para MV é un pavillón da ESEI, co cal promocionar a Escola. Pois ben, dentro de dito pavillón, temos pensado insertar algunhas presentacións así como videos sobre a ESEI, co motivo de facer un ameno recorrido pola outra cara da Escola de Enxeñería Informática de Ourense.

Topámonos co problema de colgar as presentacións dentro do mundo de Second Life, e velaquí unha breve reseña de como facelo:

  1. Unha vez feita a presentación en .PPT exportar as slides como .jpg .gif ou .png
  2. Importar as imaxes ó noso inventario de SL. Cada imaxe custará subila L$10. E quedarán almacenadas con nomes correlativos (slide1.jpg, slide2.jpg…) no noso inventario na orde en que queremos mostralas, recoméndase ordealas ben en carpetas dentro do inventario por si queremos mostrar máis presentacións usando mesma técnica. Os paneis para mostralas deberán ter a relación de aspecto 4:3.
  3. No panel que queremos mostrar a presentación prememos no botón “New Script” e insertamos o seguinte código:

  4. '----- START CODE BLOCK -----

    integer invCount;
    integer invLoopCount;

    default
    {
    state_entry()
    {
    invCount = llGetInventoryNumber(INVENTORY_TEXTURE);
    }

    touch_start(integer total_number)
    {
    llSetTexture(llGetInventoryName(INVENTORY_TEXTURE, invLoopCount), ALL_SIDES);

    invLoopCount++;

    if (invLoopCount == invCount)
    {
    invLoopCount = 0;
    }
    }
    }

    ‘—– END CODE BLOCK —–

  5. Salvar o script e listo!. Para ver a presentación pulsar sobre o panel e para volver a vela, ó final da presentación volver a facer clic sobre o panel; así de sinxelo.

O tutorial orixinal.

Dicir que hai unha chica que programou un whiteboard para facer presentacións, brainstormings, etc (podes interactuar mínimamente co panel; escribir, apuntar cun punteiro, etc), chámase Inworld Interactive Whiteboard e estamos estudiando a súa inclusión no proxecto. Esta é a SLURL do lugar onde se atopa o whiteboard (os traballos reunidos de AngryBeth Shortbread, entre os cales se atopa este whiteboard)

Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario