Mundos Virtuais-Metaversos Eivissa08
Ollando unhas noticias por internet atopei unha moi interesante no Diario de Ibiza. Tratase da realización dun congreso `Mundos virtuales-Metaversos Eivissa´ en xuño que xuntará en Santa Eulària a prestixiosos expertos que abordarán temas como redes sociais, o marketing e os negocios nos mundos virtuais.
O congreso levarase a cabo de maneira simultánea no Palacio de Congresos e no Second Life, e esta dirixido a universitarios, alumnos de bacharelato de Eivissa, científicos e investigadores do tema e a todo o público en xeral.
Os seus contados son principalmente:
- Redes Sociais en Mundos Virtuais.
- Aspectos relacionados con Humanidades.
- Razóns de éxito ou fracaso dos Mundos Virtuais.
- Consecuencias Sociais.
- Xeración de redes sociais e as suas implicacións.
- A educación nos entornos virtuais e inmersivos.
- Plataformas tecnológicas, mundos virtuais e tendencias.
- Aspectos técnicos dos Mundos Virtuais.
- A web semántica e a súa relación cos Mundos Virtuais.
- Realidade Virtual.
- Sistemas Multiaxente e o seu emprego nos Mundos Virtuais.
- Tendencias actuais respecto o emprego de código aberto (OpenSim, OpenCroquet).
- Aspectos relacionados co Marketing, empresas e negocios nos Mundos Virtuais.
- Empresas e Institucións con presenza nos Mundos Virtuais.
- Teletraballo e formación nos Mundos Virtuais.
Entre ospoñentes invitados podemos destacar Giulio Prisco Director de metafuturing ou Daniel Fernández Lestón membro de IBM virtual e moitos máis. Como podedes ollar e unha moi boa oportunidade para poñernos o día nestes novos aspectos que xa forman parte da nosa segunda vida.
Jrbello Kutanaga
Aínda non hai comentarios
Deixa un comentario