Maternidade no Second Life

Pouco a pouco descubro máis cousas de Second life que me chaman a atención. O último do que me enterei é da posibilidad de ter fillos nesta segunda vida.

Por iso decidínme a viaxar a Bundle of Joy, unha das moitas clínicas de maternidad que hay e das máis antiguas, a cal, dende a súa fundación, fai menos de dous anos, axudou a concebir máis de 1800 bebes.

Tanto homes como mulleres poden quedarse preñadas, ademais de escoller a cor do pelo, a pel e incluso a especie, posto que se o desexas, o teu bebe pode ter cara de animal e corpo humano.

O paquete de maternidade vale uns 300 Lindens, asi que se consigo aforrar pode que me lance a experiencia da matenidade ;)

Vega Honi

Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario