Comezando a programar en SL
Bueno despois dunhas semaniñas plantexando o deseño do noso edificio no SL, comezamos a mirar algo de como facer os nosos propios Scripts para darlle os paneis informativos do edificio a iteractividade desexada. Inda que as posibilidades de programación no SL son bastante grandes e nos custe comezar nun primeiro momento, e raro que moitos dos problemas que poidamos atopar, non fosen solucionados xa por alguén na rede. Por esta razón a nosa principal ferramenta para comezar a programar serán os múltiples tutoriais e vídeos que podemos atopar na rede. Durante estas semanas iremos pondo referencias a estes a medida que nos vaian facendo falla. Por exemplo para todos aqueles que queirades mostrar vídeo nun obxecto móstrovos aquí un bo punto de partida dos pasos que debedes de levar a cabo.
Jrbello Kutanaga
Aínda non hai comentarios
Deixa un comentario