Tendencias no Second Life

Diariamente adícolle un pequeno anaco de tempo a vida no Second Life. Xa pasados as primeiras semanas xogando con freebies e descubrindo a sexualidade no Second Life (segundo estatísticas, coñecer xente que coñeces na vida real, o sexo e o xogo son das primeiras cousas que se fan ó chegar a este novo mundo virtual); agora…¿que fago?.

Xa nos ten enganchados, xa estamos ahí cada noite adicándolle un par de horiñas a relacionarnos e descubrir novas cousas neste mundo sen fin. Agora que Second Life nos atrapou, necesitamos máis, máis info, sentirnos máis integrados, máis…como na vida real. É por iso que xurden iniciativas como a de SecondStyle. Trátase dunha revista de moda, estilo de vida e tendencias dentro do Second Life (ao máis puro estilo Squire ou Cosmopolitan). Esta revista editada só en versión on-line (PDF) xa vai pola súa 18º tirada, o que confirma o establecemento dun tecido en torno a este mundo virtual que indica que non é unha cousa pasaxeira, que vai en serio (os números de estadísticas proporcionados por Linden Labs ás veces non nos din moito…).

Na miña humilde opinión, a todo isto só lle fai falla un pequeno pulo (¿¿¿quizais no que respecta a Interfaces de Usuario???) para que emerxa toda unha vida en torno a este mundo virtual ó que, de momento, non lle fai xustiza o seu nome.
.

Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario