Primeiros pasos no noso proxecto

Estas dúas últimas semanas estivemos comprobando as posibilidades de construcción que ofrece Second Life, poidemos comprobar que non é doado facer algo que valga a pena. As veces é necesario invertir moitas horas para crear un obxeto tal é como nós o imaxinamos. Outro dilema é a colocación axeitada das texturas, posto que cada textura ten unhas dimensións distintas e normalmente están diseñadas para revestir formas planas.

Para crear sculped prims poderemos usar blender e despois importalas a second life, pero encontrarédesvos co inconvinte de non conseguir texturas que se deformen totalmente e se amolden as nosas sculped prims. Navegando pola rede encontrei un tutorial no cal se explica cómo se crea unha sculped prim a partir da plantilla de Amanda Levitsky e como se obtén unha textura que se axuste totalmente. Aquí vos deixo un video introductorio a creación de sculped prims.

Por outra banda este post é para explicarvos como van os comenzos do noso proyecto. O profesor asignounos unha parcela da illa que ten a ESEI no second life, e dispuxemonos a ir construindo un edificio que en principio será o que albergará as diferentes instancias que xa explicamos en post anteriores. Agora na máis temos feito un pequeno esqueleto que vos amosamos nestas imaxes.

Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario