Salón promotor da ESEI Ourense

A nosa proposta de proxecto para a asignatura de Mundos Virtuais é un salón promotor da ESEI Ourense dentro da illa que ten a Escola no Second Life.

O obxetivo principal do salón é dar unha visión de Ourense e da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense dende o punto de vista dun futuro (ou posible) estudiante da ESEI, xa que a franxa de idade presente neste mundo virtual achégase á idade universitaria.

Os dípticos típicos presentes no mundo real achegan unha visión típica da Universidade ós futuros estudantes, dende aquí poderíamos achegar a visión directa dos estudiantes (ocio en Ourense, ambiente nocturno, transportes, lecer, posgraos universitarios, cursos, saídas profesionais da Enxeñería, etc.) por medio de paneis interactivos nos que amosaremos toda a información que cremos importante de cara a unha futura vida universitaria en Ourense.

Aquí tendes un pequeno bosquexo do que temos pensado modelar.

uno.jpg

1 comment so far

  1. [...] en Second Life Como dicíamos hai uns días, o noso proxecto para MV é un pavillón da ESEI, co cal promocionar a Escola. Pois ben, dentro de dito pavillón, temos pensado insertar algunhas [...]


Deixa un comentario