Arquivo de Abril, 2008|Páxina de arquivo por mes
Comezando a programar en SL
Bueno despois dunhas semaniñas plantexando o deseño do noso edificio no SL, comezamos a mirar algo de como facer os nosos propios Scripts para darlle os paneis informativos do edificio a iteractividade desexada. Inda que as posibilidades de programación no SL son bastante grandes e nos custe comezar nun primeiro momento, e raro que moitos dos problemas que poidamos atopar, non fosen solucionados xa por alguén na rede. Por esta razón a nosa principal ferramenta para comezar a programar serán os múltiples tutoriais e vídeos que podemos atopar na rede. Durante estas semanas iremos pondo referencias a estes a medida que nos vaian facendo falla. Por exemplo para todos aqueles que queirades mostrar vídeo nun obxecto móstrovos aquí un bo punto de partida dos pasos que debedes de levar a cabo.
Jrbello Kutanaga
Tendencias no Second Life
Diariamente adícolle un pequeno anaco de tempo a vida no Second Life. Xa pasados as primeiras semanas xogando con freebies e descubrindo a sexualidade no Second Life (segundo estatísticas, coñecer xente que coñeces na vida real, o sexo e o xogo son das primeiras cousas que se fan ó chegar a este novo mundo virtual); agora…¿que fago?.
Xa nos ten enganchados, xa estamos ahí cada noite adicándolle un par de horiñas a relacionarnos e descubrir novas cousas neste mundo sen fin. Agora que Second Life nos atrapou, necesitamos máis, máis info, sentirnos máis integrados, máis…como na vida real. É por iso que xurden iniciativas como a de SecondStyle. Trátase dunha revista de moda, estilo de vida e tendencias dentro do Second Life (ao máis puro estilo Squire ou Cosmopolitan). Esta revista editada só en versión on-line (PDF) xa vai pola súa 18º tirada, o que confirma o establecemento dun tecido en torno a este mundo virtual que indica que non é unha cousa pasaxeira, que vai en serio (os números de estadísticas proporcionados por Linden Labs ás veces non nos din moito…).
Na miña humilde opinión, a todo isto só lle fai falla un pequeno pulo (¿¿¿quizais no que respecta a Interfaces de Usuario???) para que emerxa toda unha vida en torno a este mundo virtual ó que, de momento, non lle fai xustiza o seu nome.
.
Primeiros pasos no noso proxecto
Estas dúas últimas semanas estivemos comprobando as posibilidades de construcción que ofrece Second Life, poidemos comprobar que non é doado facer algo que valga a pena. As veces é necesario invertir moitas horas para crear un obxeto tal é como nós o imaxinamos. Outro dilema é a colocación axeitada das texturas, posto que cada textura ten unhas dimensións distintas e normalmente están diseñadas para revestir formas planas.
Para crear sculped prims poderemos usar blender e despois importalas a second life, pero encontrarédesvos co inconvinte de non conseguir texturas que se deformen totalmente e se amolden as nosas sculped prims. Navegando pola rede encontrei un tutorial no cal se explica cómo se crea unha sculped prim a partir da plantilla de Amanda Levitsky e como se obtén unha textura que se axuste totalmente. Aquí vos deixo un video introductorio a creación de sculped prims.
Por outra banda este post é para explicarvos como van os comenzos do noso proyecto. O profesor asignounos unha parcela da illa que ten a ESEI no second life, e dispuxemonos a ir construindo un edificio que en principio será o que albergará as diferentes instancias que xa explicamos en post anteriores. Agora na máis temos feito un pequeno esqueleto que vos amosamos nestas imaxes.
Nova forma de navegar no SL
Nun futuro non moi lonxano, podremos escoller a forma de interactuar no SL. Podremos olvidarnos de usar o rato e o teclado e usar un novo sistema que consta únicamente dunha cámara e uns auriculares inalámbricos para chatear con outros. O sistema chámase Hands Free 3D. E permite usar a interfaz de second life tal cual está.
A cámara constará duns sensores cos que podrá captar os movimentos do nosos brazos, cabeza e torso. De forma que tódolos xestos e interaccións que se poden facer a través do rato ou do teclado poderánse facer a traves do noso corpo. Aquí vos deixo un video:
O inventario no second life
Calquera persoa tanto na vida real coma na virtual necesita ter un lugar onde almacear a suas cousas. No second life temos o inventario nel podremos ter almacenadas moitas cousas como obxectos que creamos, lugares que visitamos e queremos recordar, o fondo de armario do noso avatar, texturas, calling cards dos nosos amigos, sons, fotos…
Debemos de organizar o noso inventario en carpetas para encontar as cousas con maior facilidade, de todos modos podremos buscar os items que temos polo nombre.
Para as persoas que se dedican profesionalmente a construcción e o modelado resúltalles imprescindible o seu inventario e unha posible perda do mesmo pódelle ocasionar a perda de moitas horas de traballo, e incluso de diñeiro. Por isto é recomendable realizar copias de seguridade do mesmo. Facer unha copia de seguridade só nos leva uns minutos: O noso inventario encontrase nunha carpeta oculta do noso usuario dentro de “c\documents and settings” na carpeta second life, é un archivo zip comprimido con extension .inv, este archivo contén todo o noso inventario, podemos copialo é pegalo noutro lugar do noso disco duro, e así no caso de que eliminemos algo por error sempre teremos unha copia.
Outra cousa que me gustaría comentar é como xestionar o noso inventario, existen varios programas que nos permiten facelo, un deles e unha ferramenta gratuita de software libre que nos podemos descargar dende Séneca Enterprises (SE), chámase SL My Inventory Viewer. Cando executemos o programa podremos abrir a carpeta na que se encontra o noso inventario, pero recordade que deberemos abrir o inventario orixinal, non a copia, porque senon os cambios que fagamos non se realizarán no second life.
Daikne Avro
Salón promotor da ESEI Ourense
A nosa proposta de proxecto para a asignatura de Mundos Virtuais é un salón promotor da ESEI Ourense dentro da illa que ten a Escola no Second Life.
O obxetivo principal do salón é dar unha visión de Ourense e da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense dende o punto de vista dun futuro (ou posible) estudiante da ESEI, xa que a franxa de idade presente neste mundo virtual achégase á idade universitaria.
Os dípticos típicos presentes no mundo real achegan unha visión típica da Universidade ós futuros estudantes, dende aquí poderíamos achegar a visión directa dos estudiantes (ocio en Ourense, ambiente nocturno, transportes, lecer, posgraos universitarios, cursos, saídas profesionais da Enxeñería, etc.) por medio de paneis interactivos nos que amosaremos toda a información que cremos importante de cara a unha futura vida universitaria en Ourense.
Aquí tendes un pequeno bosquexo do que temos pensado modelar.

Deixa un comentario
Deixa un comentario
Deixa un comentario

