Arquivo de Marzo, 2008|Páxina de arquivo por mes
Modelado de Obxectos no SL
Esta semana comezamos a traballar no modelado de obxectos no SL. A verdade e que o principio costa, pero tras ver un par de tutoriales xa nos pomos a modelar como profesionais inda que dos resultados non se poida dicir o mesmo. Esta claro que como primeiro contacto estivo moi ben, pero esta claro que inda nos queda un longo camiño para controlar todas as opcións de modelado e poder programar uns scripts axeitados para xestionar as accións destes obxectos. Dende aquí ímovos ir facendo un resumo dos progresos e resultados que vaiamos obtendo cada semana.
Déixovos un video de coña tamén sobre a construcción no SL.
Jrbello Kutanaga
As empresas no SL
Xa estou de volta cun novo post despois dunhas semanas de vacacións. Esta claro que se me foi acumulando o traballo polo que intentarei expoñervos un pouco por riba a miña experiencia no SL nestas semanas.
A semana anterior empregámola en visitar empresas no SL. A experiencia foi moi positiva, xa que puidemos ver como se desenvolven as grandes empresas no SL. Inicialmente visitei Mercedes Benz, onde a parte de informarme sobre os modelos de coches e prezos, puiden poñer a proba as miñas dotes automobilísticas no SL cun dos coches de proba dos que dispuñan.
Logo paseime por Dell onde despois de darme unha volta pola súa illa, ver as súas promocións rematei a visita na tenda de agasallos da que dispón, onde atopei varias cousas para levar de valde.
De Sony BMG Music Entertainment cabe destacar o doado que é desprazarse alí xa que dispón de paneis que che levan os principias puntos de interés da illa. Alí puiden obter información acerca dalgúns cantantes nos múltiples paneis informativos dos que dispuña, ademais de escoitar a súa música.
Respecto a IBM destaca a morea de sitios que ten, nos cales podemos atopar distinta información acerca das distintas areas de negocio nas que traballa.
E xa por ultimo rematei visitando Bershka onde puiden ver moreas e moreas de roupa e accesorios para personalizar os avatares (Magoa que non foran de valde).
Como podedes ver esta surxindo unha nova forma para que as empresas poidan promocionar os seus productos e de dar mais prestixio a imaxe da marca. Animovos a que visitedes estas novas empresas en SL e para ir abrindo boca deixovos un par de videos : )
Jrbello Kutanaga
Cursos en CreaSL
Creasl e unha comunidad na que os membros comparten información e mateirais ademáis de aportar solucións para algunhas dúbidas que poidamos ter os usuarios a hora de crear os nosos propios obxetos.
Un grupo de colaboradores de creasl un día a semana impartirán unha sesión formativa para solucionar estes problemas ou formar a quen queira participar nos temas máis suxeridos polos usuarios.
O 12 de marzo comezou este ciclo de clases de CreaSL no aulario de Infojobs, cunha clase de iniciación a construcción, a clase impartiuse12:00 pm hora Second Life, que son las 22:00 hora española. As clases seguiranse impartindo todos os mércores.
Aquí vos deixo un video de esta primeira sesión.
Así que se queredes formárvos no voso idioma e totalmente gratis sen necesidade de rexistrarse debedes aproveitar esta oportunidade.
Daikne Avro
V JORNADA DE PUERTAS ABIERTAS EN NOVATIERRA
El próximo 28/03/2008, de 11:00 a 13:00 h tendrá lugar en el Auditorio de Novatierra (SLURL) la V JORNADA DE PUERTAS ABIERTAS con el monográfico “Organización de Eventos en Second Life”.
Los objetivos de dicho evento serán:
- Conocer el potencial de SL para la Organización de Eventos en tiempo real orientados a audiencias dispersas geográficamente.
- Experimentar por tu cuenta uno de estos eventos para extraer tus propias conclusiones, y aprovechar nuestros consejos y experiencia.
- Pasar un rato agradable juntos y debatir sobre el tema de forma abierta y distendida.
Marco:
Esta V jornada se enmarca dentro de nuestro ciclo de eventos regulares. Cada jornada pretende:
- Presentar brevemente un tema monografico relacionado con Second Life
- Abrir después ronda de preguntas y debate entre los asistentes
- Permitirte conocer y socializar con otros Residentes de SL interesados en el desarrollo de aplicaciones corporativas en SL
Recordad, el próximo viernes 28 de marzo, de 11:00 a 13:00 h podremos conocer y vivir de primera mano el potencial que ofrece una plataforma como SL para la celebración de eventos para una audiencia remota.
PD: Si nunca has asistido antes a un evento en Second Life, este video de YouTube te da las pautas necesarias
Vega Honi
Visita a Novatierra
Novatierra é un avanzado centro virtual de negocios situado nunha illa virtual no Second Life. Este centro ofrece servicios as empresas españolas que queiran posicionarse neste mundo virtual.
Esta illa podedes encontrar un auditorio, un centro de convencións común para a celebración de conferencias, presentacións de productos, rodas de prensa, etc.
Visitei algunas empresas que teñen a sua sede en Novatierra coma udima a universidade a distancia de madrid que explorou as posibilidades de second life para ofrecer
formación online, a sexta foi a primeria cadena española que emitiu en second life, ou cocktatil, que é unha consultora de desarrollo de productos sobre soportes dixitais (web, movil,tv, pda…).
As empresas en Second Life sérvenlle as empresas reais para experimentar con novas posibilidades de comunicación e interacións que ofrecen os mundos virtuais coma second life en areas coma formación, simulación, ou publicidade. Ademáis de aportar vantaxas competitivas, digamos que é unha publicidade gratuita para as empresas.
Daikne Avro
O mundo Mercedes Benz
¿Nunca conduciches un Mercedes? ¿queres facelo? Pois deberias darte unha volta pola illa virtual de Mercedes. A marca creou un concesionario especial e unha pista estándar de probas (test track) que outras empresas de automóviles como Mazda xa promoveran.
Incluso se crearon spots especiais para que se acerquen os “habitantes” deste mundo paralelo:
O concesionario virtual de Mercedes Benz merece a pena. Se desexas conducir un automóvil que só poden ter algúns afortunados esta é unha oportunidade única.
Vega Honi
A illa de Bershka no Second Life
Hoxe visitei a illa de Bershka, como xa saberedes bershka é unha firma perteneciente o grupo inditex que conta con máis de 400 tendas en 28 países.
A illa está moi ben distribuida, existen tres zoas diferenciadas:
Unha sala para eventos e concertos, unha tenda con roupa dixitalizada e un espazo chill-out para encontros.
Nótase que está todo orientado para o público xoven.
O que máis me gustou foi a tenda, nela podedes encontrar unha mostra representativa da coleccion de esta primaveira,
está dividida en varias seccións para home, muller, bsk e jeans.
Na miña opinión esta marca habilitou un espazo agradabe para o seu público, donde se pode conversar e divertirse a vez. Invítovos a que a visitedes.
Daikne Avro
De moca no second life
Na vida real a todos nos gusta ir de compras, pero non sempre tes diñeiro para gastar.
O bó de second life é que existen lugares nos que a maioría das cousas son gratuitas, así en cuestión de minutos podemos cambia-lo noso vestuario, a nosa apariencia ou incluso a decoración da nosa casa.
Cando empezamos a vivir a nosa segunda vida estamos quebrados, por eso se queremos adquir obxetos ou servicios debemos de visitar algúns lugares específicos.
Esta semana estiven visitando varios destes lugares, entre eles os que máis me gustaron foron Frebie Heaven,
no que se pode atopar roupa para o teu avatar, decoración para o teu fogar, gadgets e incluso vivendas ou vehiculos.
Sarah Nerd’s e unha distribuidora intercontinental do SL (aquí podédeslle botar un ollo o seu blog persoal) ten un espazo na súa illa, Sarah Nerd’s Freebie Paradise, no que tamén podedes encontrar unha chea de cousas gratis.
Daikne Avro
Second Health Hospital
No Reino Unido, o National Physical Laboratoriy (NPL) e a Universidade Imperial de Londres (ICL) crearon unha illa en Second Life que permite ós visitantes explorar a infraestructura dun hospital virtual: Second Health Hospital.
Visitando esta illa encontrei cousas moy interesantes, e din unha volta polo hospital, no que incluso pódeste informar de moitas cousas.
Este proxecto describe como podría ser a atención médica no futuro:Second Health Hospital estase utilizando pra crear películas que mostren como os pacientes con diversas condicións móvense a través do sistema sanitario de Londres.
É un espacio interesante pra todos aqueles que desexen informarse do mundo da medicina. ¿Atrévese alguén a dicir que os mundos virtuais non teñen futuro?
Vega Honi
O ensino en Second Life
Esta claro que as posibilidades do SL no ensino son moi sobresaintes. Esta semana puidemos comprobalo na visita que fixemos a Inaguración da Universidade Miguel Hernández en SL, ali puidemos ver as ofertas desta universidade respecto a estudios e becas, o cal me pareceu unha moi boa alternativa os sistemas de búsqueda de información que adoitamos a empregar (Google, msn..). Tamén estiven a visitar outros sitios relacionados coa educación, pero xa pola miña conta. Entre eles cabe destacar A Sexual Health SIM in Second Life (University of Plymouth) onde podemos aprender maís sobre as enfermidades de transmisión sexual, conseguir condóns para o noso avatar, ver a galería de arte de la Manchester Library ou incluso aprender sobre la literatura británica… Como algo a apuntar e o monumento en recordo as víctimas da violencia de xénero e familiar, que desgraciadamente é tan común nas noticias actuais. Isto fainos ver outra forma de recordar as víctimas e axudar a xente que se atopa nesta situación.
Jrbello Kutanaga
Deixa un comentario
Deixa un comentario
Deixa un comentario